وبلاگ بلیان

Mapa sociolingüístico de Galicia 2004. Vol. III: Actitudes lingüísticas en Galicia

معرفی کتاب «Mapa sociolingüístico de Galicia 2004. Vol. III: Actitudes lingüísticas en Galicia» نوشتهٔ González González M. (Ed.)، منتشرشده توسط نشر Real Academia Galega در سال 2007. این کتاب در 509 صفحه، فرمت pdf، زبان gl ارائه شده است.

A Coruña: RAG, 2011. — 509 p. O presente volume do Mapa sociolingüístico de Galicia 2004 (en diante, MSG-04) está dedicado ás actitudes cara ás linguas en Galicia. É a terceira publicación monográfica dos resultados das enquisas sociolingüísticas realizadas a finais do ano 20041 sobre unha ampla mostra da poboación galega. Nas situacións onde coexisten nun mesmo espazo social diferentes linguas, o coñecemento das actitudes cara a elas ten un grande interese e reflicte o afecto que suscitan e o significado simbólico que se lles atribúe. As actitudes lingüísticas ademais axudan a interpretar as tendencias que se producen noutros planos como o das competencias ou o dos usos lingüísticos, pois é coñecido que o afecto, opinión e motivacións cara a unha lingua adoita influír na conduta lingüística. Así mesmo, o coñecemento sobre as actitudes lingüísticas é útil para unha orientación atinada das actuacións no eido da planificación lingüística. Neste traballo móstranse os resultados da medición directa das actitudes lingüísticas e doutros construtos relacionados como son as opinións, as predisposicións motivacionais e os estereotipos. Os contidos da monografía organízanse en dúas seccións diferenciadas: 1) unha Introdución Teórica na que se presentan os conceptos fundamentais relacionados con este eido de estudo, o marco teórico xeral no que se sitúa a investigación así como a análise diacrónica da investigación realizada sobre o fenómeno actitudinal en Galicia, e 2) o Estudo Empírico organizado coa estrutura convencional dun informe científico (i. e., obxectivos, metodoloxía, resultados, conclusións e discusión). Dentro da Introdución Teórica, nun primeiro capítulo, delimítase o concepto de actitude e doutros construtos afíns como as opinións, as predisposicións motivacionais ou os estereotipos. Así mesmo, analízanse as consideracións teóricas e metodolóxicas que cómpre ter en conta para a medida das actitudes explícitas, coméntanse os principais procedementos para a medición das actitudes lingüísticas e revísanse os estudos realizados en Galicia sobre este tema. O Estudo Empírico, pola súa parte, está conformado por catro achegas ao fenómeno actitudinal sobre as linguas en Galicia desde a perspectiva cuantitativa: 1. As opinións sobre as linguas en Galicia en relación ao seu papel como elementos de identificación colectiva, á evolución do seu uso e ao proceso da súa normalización nos usos sociais. 2. As predisposicións motivacionais dos enquisados cara ao uso das linguas en diferentes contextos. 3. As actitudes lingüísticas instrumentais e experienciais cara ao galego, o castelán e os usos bilingües. 4. Os estereotipos cara aos galegos e os españois e a súa relación coa lingua habitual. Trala presentación dos resultados desas catro achegas complementarias, no último capítulo ofrécese unha síntese das principais conclusións que se derivan deste traballo e a discusión dos resultados en relación aos obtidos en estudos previos.
دانلود کتاب Mapa sociolingüístico de Galicia 2004. Vol. III: Actitudes lingüísticas en Galicia