Lírica galego-portuguesa. Lingua, sociolingüística e pragmática
معرفی کتاب «Lírica galego-portuguesa. Lingua, sociolingüística e pragmática» نوشتهٔ Déborah González، منتشرشده توسط نشر Xunta de Galicia در سال 2020. این کتاب در فرمت pdf، زبان pt ارائه شده است.
A monografía reúne unha serie de capítulos a cargo de especialistas consagrados nos estudos medievais, con dedicación á lírica trobadoresca, dando prioridade aos enfoques lingüístico, sociolingüístico e pragmático. Entre as páxinas do volume, o lector poderá encontrar traballos con dedicación a diferentes cuestións lingüísticas. Ademais, convídase ao lector a reflexionar sobre a formación da tradición manuscrita galego-portuguesa, a partir do recoñecemento de estratos (scripto)lingüísticos diferentes. Tamén se reflexiona sobre a circulación dunha antoloxía de cantigas medievais en época posterior ao movemento trobadoresco, a partir do exame da localización e autoría das composicións “espurias”, de incorporación máis recente. Coa finalidade de ofrecer unha nova hipótese sobre a identidade do autor, tamén se atende a algún problema grave de atribución, entre os aínda persistentes no cancioneiro galego-portugués. Tamén se proporciona unha amplia aproximación á produción trobadoresca galego-portuguesa desde unha perspectiva sociolingüística. Así mesmo, lévase a cabo unha avaliación de usos e expresións concretas en relación co xénero lírico, así como do uso do galego nunha das máis célebres composicións plurilingües do período trobadoresco. Introdución Déborah González . 5 Trobar mal, malas cantigas, dizer mal, jugar de palabra. Refexións sobre a (errada) identifcación das cantigas de escarnio e mal dizer co concepto ‘jugar de palabra’ do Título IX da Partida II Xosé Bieito Arias Freixedo 11 Lingua e tradición manuscrita Mercedes Brea 37 Inovações expressivas no cancioneiro de amigo do trovador Joam Soares Coelho Ângela Correia 65 Did Raimbaut de Vaqueiras really know fve languages? Notes on the descort, Eras quan vey verdeyar (BdT 392, 4) Charmaine Lee 83 Per un approccio sociolinguistico alle letterature medievali: appunti preliminari sui trobadores Simone Marcenaro 113 Para a análise grafemática da *Recompilación tardía (*Livro das cantigas) Henrique Monteagudo 157 Cancioneiros e textos imprevisíveis Maria Ana Ramos . 195 La cantiga Pois non ei de dona Elvira: una propuesta de autoría Gema Vallín 233
دانلود کتاب Lírica galego-portuguesa. Lingua, sociolingüística e pragmática